Ácido N-metil-D-aspártico
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O ácido N-metil-D-aspártico, abreviado como NMDA, tamén chamado N-metil-D-aspartato, é un derivado de aminoácido que actúa como agonista específico no receptor de NMDA, imitando a acción do glutamato, que é o neurotransmisor que normalmente actúa nese receptor. A diferenza do glutamato, o NMDA só se une e regula ao receptor de NMDA e non ten efecto sobre outros receptores do glutamato (como os específicos para o AMPA e o kainato). Os receptores de NMDA son especialmente importantes cando están sobreactivados durante, por exemplo, o abandono do consumo de alcohol etílico en alcohólicos, xa que causa síntomas como axitación e, ás veces, convulsións epileptiformes.
Ácido N-metil-D-aspártico | |
---|---|
Ácido (2R)-2-(metilamino)butanedioico[1] | |
Outros nomes N-Metilaspartato; N-Metil-D-aspartato; NMDA | |
Identificadores | |
Número CAS | 6384-92-5 |
PubChem | 22880 |
ChemSpider | 21436 |
KEGG | C12269 |
MeSH | N-Methylaspartate |
ChEBI | CHEBI:31882 |
ChEMBL | CHEMBL291278 |
Ligando IUPHAR | 4268 |
Número RTECS | CI9457000 |
Referencia Beilstein | 1724431 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C5H9NO4 |
Masa molar | 147,13 g mol−1 |
Aspecto | Cristais opacos brancos |
Olor | Inodoro |
Punto de fusión | 189–190 °C; 372–374 °F; 462–463 K |
log P | 1,39 |
Acidez (pKa) | 2,206 |
Basicidade (pKb) | 11,791 |
Perigosidade | |
Frases S | S22, S24/25 |
LD50 | 137 mg kg−1 (intraperitoneal, rato) |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |