Ácido salicílico
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O ácido salicílico (ou ácido 2-hidroxibenzoico) é un composto cristalino derivado do fenol que forma un po branco empregado en dermatoloxía en forma tópica, como antirreumático, e tamén como axente conservador de alimentos polas súas propiedades de paralizar a fermentación e impedir a putrefacción. O seu derivado acetilado, a aspirina, emprégase en terapéutica[1].
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xullo de 2017) |
Datos rápidos Identificadores, Propiedades ...
Ácido salicílico | |
---|---|
Ácido 2-hidroxibenzoico | |
Identificadores | |
Número CAS | 69-72-7 |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C7H6O3 |
Masa molar | 138,12 g mol−1 |
Aspecto | Incoloro |
Densidade | 1.443 g/cm3 (20 °C) |
Punto de fusión | 432 K (159 °C) |
Punto de ebulición | 484 K (211 °C) |
Perigosidade | |
NFPA 704 | |
Punto de inflamabilidade | 157 |
Temperatura de autoignición | 540 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
Pechar
Recibe o seu nome de Salix, a denominación latina do salgueiro de cuxa casca foi illado por vez primeira vez.[2] Este produto serve como materia prima para a obtención do ácido acetilsalicílico, comercialmente coñecido como Aspirina.