2001 (MMI) foi o primeiro ano do século XXI e do terceiro milenio, aínda que durante as dúas décadas precedentes foi motivo de discusión popular se sería este ano ou o 2000. Os atentados do 11 de setembro de 2001 constituíron o acontecemento máis relevante do ano e marcaron a política da década: con eles iniciouse a "guerra contra o terrorismo", que incluíu a invasión de Afganistán e a Segunda guerra do Golfo, e un aumento espectacular nas medidas de seguranza na navegación aérea.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: 2001 (homónimos).
Datos rápidos Calendario gregoriano, Ab urbe condita ...
18 de setembro - Comeza unha serie de ataques contra medios de comunicación norteamericanos e políticos demócratas mediante cartas envelenadas con carbuncho.