23ª edición dos Óscar
From Wikipedia, the free encyclopedia
A 23.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 29 de marzo de 1951 no RKO Pantages Theatre dos Ánxeles. O mestre de cerimonias foi Fred Astaire.
Todo sobre Eva, obtivo catorce candidaturas, récord que non foi igualado ata 47 anos despois. É o único filme que tivo catro actrices candidatas (dúas como protagonistas e dúas como secundarias), aínda que ningunha delas gañou.