Aeroporto de Talín
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto de Talín (IATA: TLL, ICAO: EETN), tamén coñecido como aeroporto Lennart Meri Talín, é o aeroporto máis grande de Estonia e serve como centro de conexións para a súa aeroliña nacional, Nordica. Tamén é un centro de conexións secundario para airBaltic[1] e LOT Polish Airlines.[2] Tamén era a sede da defunta aeroliña nacional Estonian Air. Está situado a 5 km ao sueste do centro de Talín, na ribeira leste do lago Ülemiste. Anteriormente era coñecido como aeroporto de Ülemiste.
Aeroporto de Talín Tallinna lennujaam | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Operador | Tallinn Airport Ltd | ||
Cidade/Illa | Talín | ||
Elevación (msnm) | 40 metros / 131 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | https://www.tallinn-airport.ee | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
08/26 | 3 480 | 11 417 | asfalto/formigón |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 2 203 536 | ||
O aeroporto ten unha única pista de asfalto/formigón, 08/26, que mide 3 480 × 45 m e é o suficientemente longa para que operen avións de fuselaxe ancha como o Boeing 747. Dende o 29 de marzo de 2009 é coñecido oficialmente como aeroporto Lennart Meri Talín, na honra do líder do movemento de independencia estono e segundo presidente do país Lennart Meri. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 2 203 536 pasaxeiros.[3]