Alcorcón é unha cidade da área metropolitana de Madrid (España), situada a uns 13 quilómetros de Madrid en dirección sueste. A súa poboación actual é de 156.592 habitantes (segundo o censo oficial a 1 de xaneiro de 2004), en continuo crecemento. Fórmana sobre todo emigrantes doutras rexións de España. A vila está vendo un grande desenvolvemento urbano na iniciativa chamada Ensanche Sur de Alcorcón. Obtivo o título de "Grande Cidade da Comunidade de Madrid", título concedido ás poboacións de máis de 150.000 habitantes. E unha das cidades do cinto industrial do sur de Madrid, xunto con Alcorcón, Leganés, Getafe, Móstoles e Fuenlabrada. En torno ó MetroSur, que conecta circularmente todas estas cidades, creouse unha conurbación que supera o millón de habitantes, e que aglutina non só industria senón todo tipo de servizos. E tamén destacable o importante número de grandes superficies internacionais presentes nesta zona, particularmente en torno ós eixos principais de comunicación, como son a M40, a M50 e a A5.
Datos rápidos Localización, Capital ...
Pechar