Mito da caverna
mito grego / From Wikipedia, the free encyclopedia
O mito da caverna —tamén coñecido polo nome de alegoría da caverna— está moito máis cerca de ser unha alegoría que un mito. É a máis célebre alegoría da historia da filosofía,[1] xunto coa do carro alado.[2] Fama debida, sen dúbida, á utilidade destes mitos para que, a propósito da súa narración, se expliquen as partes máis importantes do pensamento platónico.
Trátase dunha explicación metafórica, realizada polo filósofo grego Platón ao principio do VII libro de A República, sobre a situación en que se encontra o ser humano respecto do coñecemento.[3] Nela Platón explica a súa teoría de como con coñecemento podemos captar a existencia dos dous mundos: o mundo sensíbel (coñecido a través dos sentidos) e o mundo intelixíbel (só alcanzábel mediante o uso exclusivo da razón).
Neste diálogo participan: Sócrates, Adimanto, Alcibíades, Aristófanes, Calicles, Glaucón, Gorxias, Hipias, Pitágoras, Parménides, Teeteto, Trasímaco e Timeo de Locri.