Alemaña nos Xogos Olímpicos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Alemaña participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1896, dende a primeira edición das olimpíadas modernas. Alemaña foi a sede de tres Xogos Olímpicos, os Xogos de Verán de 1936 e tamén de Inverno de 1936, e os Xogos de Verán de 1972. Ademais, Alemaña foi escollido como sede en 1916 e 1940, mais ámbolos dous eventos foron cancelados por mor das guerras mundiais. Despois das guerras, os deportistas alemáns non puideron participar en 1920, 1924 e 1948. Durante a división do país, cada un dos dous países alemáns colaborou no boicot a uns Xogos Olímpicos diferentes: en 1980, Alemaña Occidental foi un dos 66 países que non foi a Moscova en protesta pola invasión soviética de Afganistán, e en 1984, Alemaña Oriental uniuse á Unión Soviética (e a varios outros países) para boicotear os Xogos de Véran dos Ánxeles.
Alemaña nos Xogos Olímpicos | |||||
---|---|---|---|---|---|
Código COI | GER | ||||
Comité nacional | Confederación Deportiva Olímpica Alemá www | ||||
Medalleiro |
|
Incluíndo os Xogos de Inverno de 2018, os deporistas alemáns gañaron un total de 1754 medallas: 578 de ouro, 589 de prata e 587 de bronce. O Comité Olímpico Internacional divide estes resultados en catro códigos, aínda que só a República Democrática Alemá enviou un equipo olímpico separado entre 1968 e 1988 para competir contra a Confederación Deportiva Olímpica Alemá, a cal representou a Alemaña (GER) dende 1896.