Antífona
From Wikipedia, the free encyclopedia
A antífona (do latín antiphona, e este do grego ἀντίφωνος, significa voz que responde) é unha forma musical e litúrxica propia de todas as tradicións litúrxicas cristiás. Consiste nunha melodía xeralmente curta e sinxela, de estilo silábico, utilizada como refrán que se canta antes e despois dos versículos dun cántico, himno ou salmo, normalmente en latín, en varios servizos relixiosos do Oficio e da Misa, como as Vésperas.
Na contorna relixiosa, Introito, Ofertorio e Comuñón son coñecidos tamén como antífonas, antiphona ad introitum etc.
Musicalmente, é unha peza interpretada pola asemblea ou por dous coros que cantan alternativamente versículos dos salmos; este modo de cantar é coñecido como estilo antifonal, porque frecuentemente é asociada coa salmodia antifonal.
Na Idade Media era coñecida como un texto con melodía libre e sinxela que era cantada pola asemblea de fieis xunto aos salmos; tamén foi usada fóra da contorna litúrxica, aínda que mantiña un contido paralitúrxico.
É o tipo máis sinxelo de melodía de estilo libre e son moi frecuentes no Liber usualis.
Especial importancia teñen as O Antiphons, para Advento, que se caracterizan por utilizar as palabras dun dos atributos de Deus ou Yaveh segundo as Sacras Escrituras.
Desde a Idade Media, as antífonas recompilábanse en manuscritos chamados antifonarios.