Antidepresivo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un antidepresivo é un medicamento psicotrópico utilizado para tratar os trastornos depresivos maiores, que poden aparecer en forma dun ou máis episodios ao longo da vida, diversos trastornos de ansiedade, certas desordes da conduta alimentaria e alteracións do control dos impulsos. Ás veces son eficaces para tratar a fase depresiva do trastorno bipolar, aínda que existe o risco de sufrir unha viraxe maníaca. Os antidepresivos divídense en tres clases: os inhibidores da monoaminooxidasa (IMAO), os tricíclicos, e os de segunda xeración, moi receitados ultimamente en psiquiatría pola menor cantidade e probabilidade de sufrir efectos secundarios, que actúan sobre a recaptación do tres principais neurotransmisores que interveñen na depresión, é dicir, a serotonina, a noradrenalina (ou norepinefrina) e a dopamina, ou de dúas deles. Para o tratamento doutras patoloxías, como o insomnio ou a dor neuropática, as doses son significativamente máis baixas que as utilizadas para tratar a depresión clínica.