Apicultura
cría de abellas co fin de aproveitar os seus produtos / From Wikipedia, the free encyclopedia
A apicultura é unha actividade agropecuaria que consiste na cría e explotación de abellas domésticas. En Europa a abella máis empregada é a do xénero Apis, normalmente Apis mellifera, con diferentes subespecies ou variantes rexionais. A cría e explotación de melipónidos (abellas sen aguillón produtoras de mel) que se da nas rexións tropicais e subtropicais denomínase meliponicultura.