Arroz fritido
From Wikipedia, the free encyclopedia
O arroz fritido (en chinés simplificado: 炒飯 ; en chinés tradicional: 炒饭 ; en pinyin: chǎofàn ) é un prato moi popular da cociña chinesa. Orixinario dun prato caseiro procedente do Xapón, suponse que procede do ano 4000 a. C., elaborado a partir dunha receita que incluía o arroz como ingrediente principal. Nos banquetes chineses sérvese coma o penúltimo prato.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Arroz (homónimos).
Datos rápidos
Arroz fritido | |
Arroz fritido Solaria Kuta | |
Orixe | China Xapón |
Ingredientes | |
Orixe vexetal | Arroz Aceite de cociña |
Pechar
Adóitase coñecer tamén co nome de "arroz fritido tres delicias", especialmente nos restaurantes chineses de Galicia, e nos preparados conxelados do prato.