Asociación Galega de Fútbol Gaélico
organismo regulador do fútbol gaélico en Galicia / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Asociación Galega de Fútbol Gaélico é o organismo regulador do fútbol gaélico en Galicia. Foi constituída en 2013 polos clubs Fillos de Breogán da Coruña, Irmandinhos A Estrada e Mecos FG Ogrobe, aos que se foron unindo outros equipos.
Deporte | Fútbol gaélico |
---|---|
Nome | Asociación Galega de Fútbol Gaélico |
Fundación | 9 de marzo de 2013 |
Ámbito | Europa |
Sede | Santiago de Compostela, Galicia |
Socios | 13 |
Presidente | Ángel Negrete |
Secretario | María Victoria Benavides |
Na rede | |
http://gaelicogalego.gal/ | |
Afiliada a Gaelic Athletic Association (GAA) e o Gaelic Games Europe (GGE) organiza a Liga Galega de Fútbol Gaélico, a Copa Galega de Fútbol Gaélico e a Liga Galega de Fútbol Gaélico 7 contra 7. Tamén é a entidade da que depende a Selección de fútbol gaélico de Galicia.
En xuño de 2017 asinou un acordo para a inclusión da Asociación Galega de Fútbol Gaélico e o fútbol gaélico como especialidade deportiva da Federación Galega de Fútbol.
Na actualidade a Asociación Galega está inmersa no desenvolvemento do deporte de base a través do proxecto das Galescolas.