Atila
rei dos hunos entre 434 e 453 / From Wikipedia, the free encyclopedia
Atila, nado cara ao 395 e finado no 453, foi o último e máis poderoso rei dos hunos. Gobernou o maior imperio europeo do seu tempo desde o 434 ata a súa morte. As súas posesións estendíanse desde Europa Central ata o Mar Negro, e desde o Danubio ata o Báltico. Durante o seu reinado foi un dos máis acérrimos inimigos dos Imperios romanos Oriental e Occidental: invadiu dúas veces os Balcáns, tomou a cidade de Roma e chegou a poñer sitio a Constantinopla na segunda das ocasións. Marchou a través de Francia ata chegar ata a Orleáns antes de que o obrigasen a retroceder na batalla dos Campos Cataláunicos (Châlons-sur-Marne), e logrou facer fuxir o emperador Valentiniano III da súa capital, Rávena, no 452.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Retrato idealizado de Atila, por Eugène Delacroix (1843-47). | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 395 Chairas danubianas |
Morte | 453 Val do Tisza (Actual Hungría) |
Causa da morte | asfíxia |
Rei dos hunos Imperio Huno | |
435 – 453 ← Ruga (pt) – Elac, Dengizic, Ernakh → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Huno |
Actividade | |
Ocupación | Líder dos hunos |
Carreira militar | |
Conflito | Batalla dos Campos Cataláunicos |
Outro | |
Título | Gran Khan |
Cónxuxe | Kreka Ildico Eskam's daughter |
Fillos | Elac () Kreka (pt) Dengizic () Ernakh () |
Pai | Mundíuco (pt) |
Irmáns | Bleda |
Cronoloxía | |
20 de xuño de 451 | Batalla dos Campos Cataláunicos |
Aínda que o seu imperio morreu con el e non deixou ningunha herdanza destacada, converteuse nunha figura lendaria da historia de Europa. En gran parte da Europa Occidental é recordado como o paradigma da crueldade e a rapina. Algúns historiadores, en cambio, retratárono como un rei grande e nobre, e tres sagas escandinavas inclúeno entre os seus personaxes principais.