Atol Johnston
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Johnston Atoll, en galego: Atol Johnston, é un atol de 2´8 km² no océano Pacífico norte a un terzo de distancia entre Hawai e as Illas Marshall. A illa de Johnston e a illa Sand son illas naturais, que creceron pola sedimentación do coral. A illa de Akau (norte) e a de Hikina (leste) son illas artificiais formadas pola sedimentación do coral.
Atol Johnston | |
---|---|
Datos | |
País | Estados Unidos |
Illa principal | Illa Johnston |
Linguas | |
Poboación (2009) | 390 militares |
Superficie | 2´67 km² |
Superficie lagoa | km² |
Nº de illas | 4 |
Coordenadas | 16°45′N 169°31′O |
Maior Altura | 5 m. Cume Peak |
Localización | |
Johnston é un territorio non incorporado dos Estados Unidos, o cal ten como poboación a 1.100 militares, administrado desde Washington, D.C. polo Servizo de Pesca e Vida Silvestre do Departamento do Interior dos Estados Unidos, como parte do sistema do Refuxio Nacional de Vida Silvestre. A defensa do atol é controlada pola Armada dos Estados Unidos. As illas non son accesibles para o público.
O clima é tropical pero xeralmente seco. Ventos consistentes do nordés dan unha pequena variación na temperatura. Coa elevación máxima de 5 m en Summit Peak, as illas conteñen pouca vexetación nun terreo plano e non hai fontes de auga.