Atol Orona
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Atol Orona, tamén coñecido como a Illa Hull, é un atol do grupo de illas Fénix, pertencentes á República de Kiribati. Mide aproximadamente 8,8 km por 4 km, e como Kanton, é unha estreita cinta de terra ao redor dunha importante lagoa con profundidades de 15-20 metros. Numerosas pasaxes conectan a lagoa co océano, só un par deles admiten un pequeno barco. A superficie total é de 3,9 quilómetros cadrados, e a altitude máxima é de nove metros. Foi unha das illas involucradas no plan de colonización británica denominado Proxecto de Colonización das Illas Fénix en 1938.
Máis información Orona, Datos ...
Orona | |
---|---|
Datos | |
País | Kiribati |
Illa principal | |
Linguas | |
Poboación (2009) | Deshabitada |
Superficie | 3´9 km² |
Superficie lagoa | 25 km² |
Nº de illas | |
Coordenadas | 4°30′S 172°10′O |
Maior Altura | 9 m. |
Localización | |
Pechar
Aínda que ocupado en diversas ocasións no pasado, incluíndo unha data tan tardía como 2004, hoxe está deshabitada.