Axuda:Fusión
From Wikipedia, the free encyclopedia
A fusión é un proceso mediante o que se unen manualmente dúas páxinas nunha soa. Os principais motivos que levan á fusión de páxinas van desde contidos duplicados de xeito innecesario, pasando por superposición dun tema noutra páxina ata contidos mínimos que poden incluírse nun artigo cun contexto maior e que abranga máis amplamente o asunto.
Esta é unha páxina informativa da Galipedia. Describe prácticas editoriais establecidas da comunidade nalgún aspecto concreto, ou detalla aspectos das normas e usos habituais dentro da Galipedia. |
A fusión é un labor de edición normal, algo que pode iniciar calquera usuario, sen necesidade de proposta e consenso. Se cres que fusionando algo se mellora a enciclopedia, sé valente e faino.
Se pola contra a fusión é controvertida, poida que te atopes con que se desfixo o teu traballo. Cómpre lembrar que, como en calquera outro tipo de edicións, convén evitar guerras de edición. Se tes dúbidas, podes consultar á comunidade primeiro na páxina de conversa dos artigos ou na Taberna. É típico, por exemplo, non estar certo acerca de cal debera ser o título final do artigo que prevalecerá.