Bačka
From Wikipedia, the free encyclopedia
Bačka (en serbio Бачка ou Bačka, en húngaro Bácska, en croata Bačka, en eslovaco Báčka, en ruteno panónico, Бачка, en lingua alemá Batschka, en bunjevac Bačka e en turco Baçka) é unha rexión situada na chaira panonia, entre os ríos Danubio e o Tisza.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bačka.
Na actualidade está situada principalmente en Serbia e en Hungría, con algúns enclaves na ribeira esquerda do Danubio que formaban parte de Croacia pero que, desde 1991, están baixo control serbio.
A maior parte da rexión está hoxe en Voivodina, provincia autónoma de Serbia. A capital desta rexión, Novi Sad, encóntrase na fronteira entre a Bačka e a Sirmia. A parte máis setentrional da rexión está situada no condado de Bács-Kiskun, en Hungría.