![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/52/Beatification_of_John_Paul_II_%25281%2529.jpg/640px-Beatification_of_John_Paul_II_%25281%2529.jpg&w=640&q=50)
Beato
fiel defunto cuxas virtudes foron previamente certificadas polo papa e pode ser honrado con culto / From Wikipedia, the free encyclopedia
Na Igrexa Católica, un beato é un fiel defunto cuxas virtudes foron previamente certificadas polo papa e pode ser honrado con culto. O termo beato significa literalmente feliz (do latín beatus), ou benaventurado en sentido máis amplo, aludindo á crenza de que esa persoa está xa gozando do paraíso. A consideración de beato constitúe o terceiro paso no camiño da canonización. O primeiro é «servo de Deus», o segundo «venerable», e o cuarto «santo». Tamén se coñece como beato á persoa moi devota e apegada ás cerimonias relixiosas.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/52/Beatification_of_John_Paul_II_%281%29.jpg/640px-Beatification_of_John_Paul_II_%281%29.jpg)