Buffalo Bill
Explorador, cazador e home de espectáculos / From Wikipedia, the free encyclopedia
William Frederick "Buffalo Bill" Cody, nado o 26 de febreiro de 1846, e finado o 10 de xaneiro de 1917, foi un explorador, cazador de bisonte e artista estadounidense. Naceu en Le Claire, Iowa, mais viviu durante varios anos na cidade natal do seu pai, Toronto, antes de que o familiar regresado ó Medio Oeste e se asentase no Territorio de Kansas.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) William Frederick Cody 26 de febreiro de 1846 Le Claire, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 10 de xaneiro de 1917 (70 anos) Denver, Estados Unidos de América |
Causa da morte | insuficiencia renal |
Lugar de sepultura | Lookout Mountain (en) 39°43′57″N 105°14′18″O |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | actor , empresario , artista de circo , showman (pt) , frontiersman (en) , escritor , actor de teatro , oficial |
Lingua | Lingua inglesa |
Carreira militar | |
Rango militar | Soldado raso |
Conflito | Guerra civil estadounidense |
Familia | |
Cónxuxe | Louisa Frederici |
Pais | Isaac Cody (en) e Mary Ann Bonsell Laycock (en) |
Irmáns | Helen Cody |
Premios | |
|
Buffalo Bill comezou a traballar moi novo, con once anos, logo da morte do seu pai. Converteuse en xinete da Pony Express con catorce anos. Durante a guerra civil estadounidense, serviu á Unión dende 1863 até o remate da guerra en 1865. Despois serviu como explorador civil para o Exército dos Estados Unidos de América durante as guerras indias, recibindo a Medalla de Honra en 1872.
Unha das figuras máis pintorescas do Vello Oeste, a lenda de Buffalo Bill comezou a espallarse cando só tiña 23 anos. Pouco despois comezou a actuar nos seus espectáculos do Salvaxe Oeste, no que se representaban temas cowboy e episodios da fronteira e as guerras indias. Fundou a Buffalo Bill's Wild West en 1883, levando a súa compañía de espectáculos en xiras polos Estados Unidos e, en 1887 en Gran Bretaña e Europa.