Cámara magmática
masa de rocha líquida situada baixo a superficie da Terra / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha cámara magmática é unha gran masa de rocha líquida situada baixo a superficie da Terra. A rocha fundida ou magma que se encontra na cámara é menos densa que as rochas que a rodean, o cal produce forzas de flotación no magma que tenden a dirixilo cara a arriba.[1] Se o magma logra abrirse camiño ata a superficie, o resultado é unha erupción volcánica; en consecuencia, moitos volcáns están situados sobre cámaras de magma.[2] Estas cámaras son difíciles de detectar en zonas profundas da Terra, e, por tanto, a maioría das coñecidas están próximas á superficie, xeralmente a entre 1 km e 10 km de profundidade.[3]