Célebes
From Wikipedia, the free encyclopedia
Célebes[1] tamén coñecida, en especial ultimamente, co nome indonesio de Sulawesi (pronunciado "sulavesi", pois utilizan a versión holandesa do "w"). É unha das catro Illas maiores da Sonda e a undécima illa máis grande do mundo por superficie, está illa de Indonesia está situada ao leste de Borneo, ao oeste das Illas Molucas e ao sur de Mindanao e o arquipélago de Sulu. En Indonesia, só Sumatra, Borneo e Papúa son máis grandes en territorio, e só Xava e Sumatra teñen poboacións maiores.
Datos rápidos Situación, País ...
Célebes | |
---|---|
Sulawesi | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Indonesia |
Provincia | Gorontalo, Célebes do Norte (Sulawesi Utara), Célebes Occidental (Sulawesi Barat), Célebes Central (Sulawesi Tengah), Célebes do Sur (Sulawesi Selatan) e Célebes do Sueste (Sulawesi Tenggara) |
Arquipélago | Illas da Sonda |
Mar | Océano Pacífico (Mar de Célebes, mar das Molucas, mar de Banda, mar de Flores e estreito de Makassar) |
Coordenadas | 2°8′S 120°17′O |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa continental |
Superficie | 180.680´7 km² |
Perímetro | 5.275´4 km. |
Punto máis alto | 3.478 m. Rantemario |
Demografía | |
Capital | Makassar (pob. 1.338.633 hab) |
Poboación | 18.455.058 hab. (2014 estimada) |
Pechar
Os primeiros europeos en chegar á illa foron navegantes portugueses en 1512. Desde o século XVII a illa foi parte das Indias Orientais Neerlandesas, como era coñecido o que actualmente é Indonesia baixo o goberno colonial dos Países Baixos.