Cérvidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os cérvidos (Cervidae) son unha familia de mamíferos ruminantes que inclúe os cervos e veados. Teñen patas delgadas, pezuños partidos en dous e longos pescozos. Son esveltos herbívoros. Teñen a pelaxe lisa ou moteada, e son os únicos mamíferos aos que lles crecen hastas novas cada ano, formadas por óso morto. Só as desenvolve os machos adultos, utilizándoas durante a época de apareamento, cando os cérvidos compiten polas femias. As hastas empezan a formarse a partir de dúas protuberancias do cranio. Ao medrar, recóbreas un veludo. Cando as hastas crecen, empezan a ramificarse. Finalmente, o veludo cae. Así a cornamenta queda completa.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cervo (homónimos).
Máis información Cérvidos Rango fósil: Oligoceno - Actualidade, Clasificación científica ...
Cérvidos Rango fósil: Oligoceno - Actualidade | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Distribución combinada de tódalas especies | |||||||||||||||||
Subfamilias | |||||||||||||||||
Capreolinae |
Pechar