Carlos XIV Xoán (Karl XIV Johan), nado o 26 de xaneiro de 1763 (co nome de Jean-Baptiste Bernadotte) en Pau (na actual Francia), e finado o 8 de marzo de 1844 en Estocolmo, Suecia, foi un mariscal do Primeiro Imperio Francés, e príncipe soberano de Pontecorvo (1806-1810).
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Carlos XIV Xoán de Suecia |
Nome orixinal | (sv) Karl XIV. Johan (fr) Charles XIV Jean de Suède (fr) Jean-Baptiste Bernadotte |
---|
Biografía |
---|
Nacemento | (fr) Jean Bernadotte 26 de xaneiro de 1763 Pau (Reino de Francia)
|
---|
Morte | 8 de marzo de 1844 (81 anos) Palácio Real de Estocolmo (Suecia)
|
---|
Causa da morte | Ictus |
---|
Lugar de sepultura | Bernadotte crypt (en) 59°19′29″N 18°03′53″L |
---|
|
|
Monarca de Noruega |
---|
|
|
5 de febreiro de 1818 – 8 de marzo de 1844 ← Carlos XIII da Suécia (pt) – Óscar I de Suecia → |
Rei de Suecia |
---|
5 de febreiro de 1818 – 8 de marzo de 1844 ← Carlos XIII da Suécia (pt) – Óscar I de Suecia → |
Ministro da Guerra (pt) |
---|
|
3 de xullo de 1799 – 14 de setembro de 1799 ← Louis Marie de Milet de Mureau (pt) – Edmond-Louis-Alexis Dubois-Crancé (pt) → |
|
|
|
Datos persoais |
---|
Residencia | Palácio Real de Estocolmo (pt) |
---|
País de nacionalidade | Francia Suecia |
---|
Relixión | Luteranismo e catolicismo |
---|
Actividade |
---|
Ocupación | monarca , político , militar , comandante |
---|
Membro de | |
---|
Lingua | Lingua sueca e lingua francesa |
---|
Carreira militar |
---|
Rama militar | Forças Armadas Francesas (pt) |
---|
Rango militar | Marshal of the Empire (en) xeneral de brigada Q19918506 Coronel Sarxento Junior lieutenant (en) Xeneralísimo |
---|
Conflito | Guerras napoleónicas, Guerra da Vendeia (pt) , Batalha de Fleurus (pt) , Campaigns of 1796 in the French Revolutionary Wars (en) , Segunda Coligação (pt) , Terceira Coligação (pt) , Batalha de Austerlitz (pt) , Batalla de Jena, Battle of Halle (en) , Battle of Mohrungen (en) , Batalla de Wagram, Expedição de Walcheren (pt) , Battle of Dennewitz (en) , Batalha das Nações (pt) e Campanha contra a Noruega (pt) |
---|
Obra |
---|
Arquivos en | |
---|
Familia |
---|
Familia | Casa de Bernadotte |
---|
Cónxuxe | Desideria Clary (1798–) |
---|
Fillos | Óscar I de Suecia |
---|
Pais | Jean Henri Bernadotte (en) e Jeanne de Saint-Jean (en) |
---|
Irmáns | Jean-Évangéliste Bernadotte, Karl Adolf (en) , Lovisa Hedvig of Sweden (en) e Carlos Augusto (pt) |
---|
|
|
|
|
|
|
|
Pechar
De orixe burguesa, valente e de impoñente presenza física, foi un ardente partidario dos xacobinos durante a Revolución francesa e participou como xeneral nas guerras revolucionarias francesas, sendo un valente comandante nas frontes alemá e italiana. Entrou pronto en contradición, incluso por razóns persoais, co xeneral Napoleón Bonaparte, e involucrouse en intrigas contra o primeiro cónsul, o cal, por outra parte, elevouno ao título de Mariscal de Francia en 1804.
Participou na maioría das Guerras Napoleónicas, pero foi deposto en 1809 por Napoleón e, cando aceptou converterse en príncipe da Coroa de Suecia (príncipe herdeiro), desenvolveu unha política de autónoma respecto de Francia.
En 1812 formou parte da Sexta Coalición contra Napoleón e, á cabeza das tropas suecas xogou un papel importante na campaña de Alemaña de 1813 e na batalla de Leipzig, loitando contra os seus antigos camaradas.
Desde o 5 de febreiro de 1818 até a súa morte, foi o rei de Suecia (Carlos XIV) e Noruega (Carlos III).