Catedral de San Vito
templo católico en Praga (República Checa) / From Wikipedia, the free encyclopedia
A catedral de San Vito (en checo: Katedrála Svatého Víta ou Katedrála svatého Víta, Václava a Vojtěcha) é un templo adicado ao culto católico situado na cidade de Praga (República Checa). Forma parte do conxunto artístico monumental do Castelo de Praga e é a maior mostra de arte gótica da cidade.
Datos rápidos Tipo, Advocación ...
Catedral de San Vito | ||
---|---|---|
Vista da parte sur | ||
Tipo | Catedral | |
Advocación | San Vito, Venceslau, Adalberto | |
Situación | Castelo de Praga, Praga | |
Culto | Igrexa Católica | |
Diocese | Praga | |
Construción | 1344-1929 | |
Estilo | Gótico |
Pechar
Dende 1989 está adicada a San Vito, San Venceslau e San Adalberto. Foi o escenario da coroación de todos os reis de Bohemia e nela atópanse tamén enterrados tódolos santos bispos e arcebispos, así como un bo número de reis. A catedral, aínda que católica, é de propiedade estatal desde o inicio da súa construción no século XIV.