Centro histórico do Porto
From Wikipedia, the free encyclopedia
O centro histórico do Porto foi construído nos outeiros que dominan a desembocadura do río Douro, e é un exemplo de paisaxe urbana con máis de dez séculos de historia. O seu crecemento continuo, vencellado sempre ó mar (do cal provén o seu nome) pode ser visto en numerosos monumentos, dende a Catedral co seu coro románico, ó neoclásico Pazo da Bolsa ou a típicamente portuguesa igrexa de Santa Clara, en estilo manuelino.
Datos rápidos Patrimonio da Humanidade - UNESCO, País ...
Centro histórico do Porto | |
---|---|
Barrio da Ribeira, Porto. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Portugal |
Localización | 41°8′30″N 8°37′0″O |
Tipo | Cultural |
Criterios | (iv) |
Inscrición | 1996 (sesión XX) |
Rexión da UNESCO | Europa |
Identificador | 755 |
Pechar
O centro histórico foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1996.[1] Tamén se incluíu nesta denominación as murallas da cidade.