Cesare Maldini
futbolista e adestrador italiano / From Wikipedia, the free encyclopedia
Cesare Maldini, nado en Trieste o 5 de febreiro de 1932 e finado en Milán o 3 de abril de 2016, foi un futbolista e adestrador italiano, que xogaba como defensa.
Cesare Maldini | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Cesare Maldini | ||
Nacemento | 5 de febreiro de 1932 | ||
Lugar de nacemento | Trieste | ||
Falecemento | 3 de abril de 2016 | ||
Lugar de falecemento | Milán | ||
Altura | 1,83 m. | ||
Posición | defensa | ||
Carreira xuvenil | |||
1950–1952 | Triestina | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1952–1954 | Triestina | 32 | (0) |
1954–1966 | Milan | 347 | (0) |
1966–1967 | Torino | 33 | (0) |
Selección nacional | |||
1960–1963 | Italia | 14 | (0) |
Adestrador | |||
1972–1974 | Milan | ||
1974–1976 | Foggia | ||
1976–1977 | Ternana | ||
1978–1980 | Parma | ||
1986–1996 | Italia sub-21 | ||
1996–1998 | Italia | ||
2001 | Milan | ||
2001–2002 | Paraguai | ||
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Capitán histórico do Milan, disputou 412 partidos co club e liderouno na conquista da súa primeira Copa de Europa na tempada 1962/63, ademais de gañar catro títulos da Serie A coa camiseta rossonera. Foi tamén capitán da selección italiana, coa que disputou o Mundial de 1962 en Chile.
Como adestrador dirixiu o Milan en dúas ocasións, así como os equipos italianos Foggia, Ternana e Parma. Estivo durante unha frutífera década á fronte da selección italiana sub-21, gañando a Eurocopa sub-21 tres veces consecutivas, antes de converterse en seleccionador italiano en 1996. Dirixiu a azzurra no Mundial de 1998 e a selección de Paraguai no Mundial de 2002, xa con 70 anos de idade.
Foi o iniciador dunha saga de futbolistas que continuaron o seu fillo e os seus netos. O seu fillo Paolo Maldini foi tamén capitán do Milan e da selección italiana, e pasou á historia como un dos mellores defensas de todos os tempos, con 902 partidos coa camiseta milanista e 25 títulos, entre eles cinco Ligas de Campións. Os seus netos Christian e Daniel Maldini son tamén futbolistas, o segundo deles xogador tamén do Milan dende 2020.