Citerea
From Wikipedia, the free encyclopedia
Citera (ou Citerea) grego Kythera, latín Cythera, italiano Cèrigo é unha illa grega nas Illas Xónicas, na prefectura do Ática e ao suroeste do Peloponeso. A extensión da illa é de 284 Km² e ten 5.000 habitantes. Na época do rococó creouse unha imaxe de citerea como lugar de libertinaxe. Como reflexo diso o pintor Watteau pintou o "Embarque a Citerea". Tamén é un dos nomes da deusa Afrodita na mitoloxía grega.
Citerea | |
---|---|
Κύθηρα | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Grecia |
Periferias de Grecia | Ática |
Arquipélago | Illas Xónicas |
Mar | Mar Xónico |
Coordenadas | 36°10′N 23°0′L |
Xeografía | |
Superficie | 277´746 km² |
Longura máxima | 29 km. |
Largura máxima | 16 km. |
Punto máis alto | 506 m. |
Demografía | |
Capital | Citerea |
Poboación | 3.973 (2011) |
Lingua propia | Grego |
Ten uns 30 km de longa por 15 de ancho, pero é irregular.
Pero foi un estado independente e non se atoparon moedas insulares e só algunhas de fóra (romanas e bizantinas).
O seu nome atribúese a Citeros, o fillo de Fénix e tamén lla chamou Porfirs ou Porfirusa. Foi centro do culto a Afrodita, que a mitoloxía fai nacer na illa levada polas ondas. A illa produce viño e mel.