Civilización minoica
From Wikipedia, the free encyclopedia
A civilización minoica desenvolveuse na illa de Creta (actual Grecia) ó longo da primeira metade do segundo milenio antes de Cristo. Os minoicos eran unha cultura prehelénica anterior ás culturas heládica ou micénica. Sorprende polas súas realizacións en case tódolos aspectos, a pesar da illa dispor de recursos escasos.
Historia de Grecia | |
---|---|
Grecia prehelénica | |
Prehistoria de Grecia | |
-3200 | Civilización cicládica |
-2700 | Civilización minoica |
-1550 | Civilización micénica |
Grecia antiga | |
-1200 | Idade escura |
-800 | Época arcaica |
-510 | Época clásica |
-323 | Época helenística |
-146 | Grecia romana |
Grecia medieval | |
330 | Imperio bizantino |
1202 | Cuarta cruzada |
1453 | Grecia otomana |
Grecia contemporánea | |
1799 | República das sete illas |
1822 | Guerra de independencia |
1832 | Reino de Grecia |
1936 | Réxime do 4 de agosto |
1941 | Ocupación |
1946 | Guerra civil |
1967 | Ditadura dos coroneis |
1974 | República helénica |
A importante artesanía cretense contribuíu ó incremento da riqueza e do comercio con Exipto. O goberno -forte e centralizado- convértese no centro da vida cretense. Os palacios son residencia de gobernantes e funcionarios, centros relixiosos de culto e ata centros de distribucións de mercadorías.
Ata o de agora atopáronse catro palacios na illa: Cnosos, Festos, Malia e Kato Zakro. As comodidades e os luxos que reflicten as escavacións arqueolóxicas revelan unha forma de vida refinada e de alto nivel, entregada ó lecer e ás diversións, o que nos indica que o conxunto da estrutura social funcionaba de bo xeito.