Clave (notación musical)
identificación do intervalo de notas dun pentagrama / From Wikipedia, the free encyclopedia
Na notación musical, unha clave serve para indicarlle ao músico como ler o pentagrama. Como a notación musical é relativa, cada nota pode ocupar calquera liña ou espazo na pauta. A clave indica cal é a posición dunha das notas e todas as demais son lidas en referencia a esa nota. Cada tipo de clave define unha nota diferente de referencia. A figura de abaixo mostra as claves máis frecuentes e as notas que elas definen. A nota destacada ao final de cada pauta é a nota de referencia.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Clave.