Actinistios
From Wikipedia, the free encyclopedia
Esta páxina trata da subclase dos actinistios ou celacantomorfos (os peixes con forma de celacanto); para o celacanto propiamente dito,[1][2] véxase Latimeria chalumnae.
Actinistios / Celacantimorfos Actinistia / Coelacanthimorpha Celacantos Rango fósil: Devoniano - actualidade [3] | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Latimeria chalumnae | |||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||
Crítico[4] | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Ordes | |||||||||||
Sinonimia | |||||||||||
|
A dos actinistios (Actinistia),[8] tamén chamados celacantimorfos (Coelacanthimorpha),[7] é unha subclase de vertebrados da clase dos sarcopterixios, que son peixes, coñecidos como celacantos,[1][2][9][10] caracterizados, entre outras cousas, por presentaren aletas lobuladas carnosas, e que se crían extintos desde o período cretáceo ata que, en 1938, un exemplar vivo foi capturado na costa oriental de Suráfrica. Outra especie localizouse en augas das illas Célebes (Indonesia) en 1998.[3][11][12]
Estes peixes evolucionaron morfoloxicamente moi pouco desde hai 350 millóns de anos, e se asemellan aos antepasados acuáticos dos vertebrados terrestres. Teñen unha vexiga natatoria non funcional, coas paredes grosas e chea de graxa, que é realmente un vextixio dun pulmón ancestral, utilizado cando vivían non nas profundidades, senón na superficie, tanto en augas mariñas como nas doces. A esta característica, así como a forma e o movemento das súas aletas, valéronlle o nome de fósiles viventes como moitas veces se cualifican (erroneamente, por certo, desde o punto de vista científico).[3][11]
Xunto cos peixes pulmonados son os seres vivos máis próximos aos vertebrados terrestres. Apareceron no período devoniano (hai 400 millóns de anos), aínda que a maior cantidade de restos fosilizados pertencen ao período carbonífero (hai 350 millóns de anos).[3]