Comisión de Banca, Vivenda e Asuntos Urbanos do Senado dos Estados Unidos
comisión do Senado dos Estados Unidos / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Comisión de Banca, Vivenda e Asuntos Urbanos do Senado dos Estados Unidos (denominada ata 1970 Comisión de Banca e Moeda) é unha das vinte comisións do Senado estadounidense encargadas de xestionar os asuntos desta cámara relacionados con áreas especializadas de interese lexislativo.[1]
Comisión de Banca, Vivenda e Asuntos Urbanos do Senado dos Estados Unidos | |
---|---|
Tipo | comisión do Congreso dos Estados Unidos |
Data de fundación | 1913 |
País | Estados Unidos de América |
[ editar datos en Wikidata ] |
A comisión ten competencias sobre asuntos relacionados cos bancos e a banca, o control de prezos, o seguro de depósitos, a promoción e o control das exportacións, a política monetaria federal, a axuda financeira ao comercio e á industria, a amortización de billetes, a moeda e a súa cuñaxe, a vivenda pública e privada, o desenvolvemento urbano, o transporte público e os contratos gobernamentais.[1]
En 2024 está composta por 23 senadores, 12 do Partido Demócrata e 11 do Partido Republicano. O presidente da comisión é o demócrata Sherrod Brown, de Ohio, e o membro de maior rango é o republicano Tim Scott, de Carolina do Sur.[1]