Comunidade Económica dos Estados da África Occidental
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Comunidade Económica dos Estados da África Occidental (en francés CEDEAO) é unha unión política e económica rexional da África Occidental. Colectivamente, estes países abranguen unha área de 5 114 162 km2 e unha poboación en 2015 de máis de 349 millóns de persoas.
Comunidade Económica dos Estados da África Occidental | |
---|---|
Acrónimo | ECOWAS, CEDEAO, CEDEAO, CEDEAO, ЭКОВАС, ЕКОВАС, 西共体, 西共體, EKOŜ e EKOWAS |
Tipo | Regional Economic Communities e organización intergobernamental |
Campo de traballo | integración económica e política de defesa |
Data de fundación | 28 de maio de 1975 |
Presidente/a | Bola Tinubu (2023-) |
Secretario/a | Aboubakar Diaby Ouattara, Momodu Munu, Abass Bundu, Édouard Benjamin, Lansana Kouyaté, Mohammed Ibn Chambas, James Victor Gbeho, Kadré Désiré Ouedraogo, Marcel Alain de Souza, Jean-Claude Kassi Brou e Omar Touray |
Sede | Abuja |
En | África Occidental |
Na rede | |
http://www.ecowas.int/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Considerada un dos bloques rexionais da Comunidade Económica Africana, o seu obxectivo é acadar unha autosuficiencia colectiva para os seus membros creando un único bloque comercial amplo construíndo unha unión económica e de comercio plena. A unión estableceuse o 28 de maio de 1975 coa sinatura do Tratado de Lagos, en que se afirmou a misión de promover a integración económica da rexión. Unha versión revisada do tratado foi asinada o 24 de xullo de 1993 en Cotonou.
A Comunidade tamén serve como forza de mantemento da paz na rexión, e os membros envían ocasionalmente forzas militares conxuntas para intervir nos países do bloque en tempos de inestabilidade.[1][2]
O 28 de xaneiro de 2024, Níxer, Malí e Burkina Faso anunciaron a través dunha declaración conxunta que se retiraban da CEDEAO "sen demora",[3] un feito sen precedentes desde a creación da CEDEAO, alegando en particular a falta de axuda da organización ante o terrorismo e acusándoa de estar baixo o influencia de potencias estranxeiras.[4]