Consello de Ministros de España
Órgano colexiado do Goberno de España / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Consello de Ministros de España é un órgano colexiado político constitucional formado polo presidente do Goberno, os vicepresidentes e máis os ministros. Habitualmente reúnense os martes laborables ás 10:00 horas no Palacio da Moncloa, en Madrid, non obstante con carácter excepcional pódese celebrar en calquera día e hora e en calquera outra parte do territorio nacional. Tamén con carácter excepcional pode ser presidido polo rei de España, a petición do presidente do Goberno, en cuxo caso o Consello delibera en presenZa do rei sobre os asuntos de Estado, de acordo co disposto no artículo 62 da Constitución, non podendo en ningún caso tomar acordos en presenZa do xefe do Estado.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2021.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico. Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
A convocatoria e a presidencia do Consello de Ministros corresponde ao presidente do Goberno, actuando como secretaria a vicepresidenta primeira do Goberno e ministra da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática.As súas reunións, das que se levantará acta pública, poderán ter carácter deliberante e/ou decisorio. Nas actas figurarán, exclusivamente, as circunstancias relativas ao tempo e lugar da súa celebración, a relación de asistentes, os acordos adoptados e os informes presentados. Non poderán recollerse, por tanto, nin os votos particulares nin as deliberacións que manteñan os distintos membros do Goberno, xa que estas por ley son de carácter secreto.
En canto ao réxime de funcionamento, ás reunións do Consello de Ministros poderán asistir os secretarios de Estado cando sexan convocados. En tal caso, os secretarios de Estado convocados, con carácter previo ao inicio da reunión, deberán prestar xuramento ou promesa de manter o secreto das deliberacións do Goberno.