Contrarrevolucionario
persoa ou movemento que se opón a unha revolución / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un contrarrevolucionario é calquera que se opón a unha revolución, sobre todo o que tenta reverter os seus resultados, parcial ou totalmente.
O adxectivo contrarrevolucionario refírese ao movemento que desexa restaurar a situación ou os principios que prevalecían na época prerrevolucionaria.
Unha contrarrevolución pode ter consecuencias positivas ou negativas, dependendo en parte do carácter beneficioso ou pernicioso da revolución que se reverte. Por exemplo, Plutarco consideraba que o éxito transitorio de Axis e Cleómenes en Esparta, ao restablecer a constitución de Licurgo, foi contrarrevolucionario en sentido positivo. E durante a Revolución Francesa, os xacobinos viron a revolta da Vendée como claramente negativa.