Conversa usuario:Bustelofao
From Wikipedia, the free encyclopedia
Mais hai un inconveniente. Hai unhas regras. As fotos teñen que ter información detallada. Teñen que ter unha licenza que permita que se realicen obras derivadas e uso comercial e expresar claramente a súa orixe. As fotos que ti subiches carecen de datos. Sen datos, sen os datos necesarios, ditas fotos serán, antes ou despois, borradas.
- Benvido á Galipedia, Bustelofao. Acabo de ver as túas aportacións. Fannos falta usuarios que, coma ti, nos acheguen fotos dos tan diversos lugares que ten Galicia.
Antes de che indicar o xeito de incorporar os datos ás fotos, colócoche aquí un enlace para que, facendo click nel, poidas ver a mensaxe de benvida que se lles dá a tódolos usuarios novos: Benvida.
Hai 2 momentos en que é posible incorporar os datos: Cando se sobe a foto ou logo de subila. Como xa as subiches, procedo a explicar primeiro o procedemento adecuado para este caso.
Debes de localizar as fotos. Podes facelo premendo na parte superior da pantalla na palabra Faotouro e despois , un pouco máis á dereita, en as miñas contribucións. Logo de facer click na imaxe que desexes, debes facer click na pestana editar. Verás entón unha caixa en que podes escribir. Aí é onde hai que poñer os datos precisos para cada imaxe.
É conveniente que incorpores os datos copiando o seguinte texto e completando o que está entre parénteses:
Táboa cos datos identificadores da imaxe
- http://gl.wikipedia.org/wiki/Image:(sbustituír_polo_nome_da_imaxe.extensión)
|
Para o apartado copyright. Se a imaxe é túa podes escoller entre varias posibilidades. Coméntoche dúas:
- PD (Dominio público, pode usarse a imaxe sen restricións)
- GFDL (Pode usarse a imaxe sen restricións pero hai que poñer os datos presentes na caixa de información que ti escribiches)
Ó final da caixa de información debes poñer entre dúas parénteses a etiqueta escollida de maneira que podería ser algo así:
- http://gl.wikipedia.org/wiki/Image:(substituír_polo_nome_da_imaxe.extensión)
|
{{GFDL}}
Se a imaxe é dunha páxina web ou dun libro, ten que estar claro que dita imaxe é contido libre, que non presenta dereitos de autor. Débese poñer a etiqueta no copyright correspondente. Para saberes cales son esas etiquetas mira Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe.
Tamén pode ser conveniente que repares en Wikipedia:Política de uso de imaxes.
Por outra banda, non creo que sexa necesario, pois debe ser evidente, que a Galipedia é unha enciclopedia. Recoméndoche a lectura de Wikipedia:Cousas que non se deben facer.
Se precisas calquera cousa, estou á túa disposición.--Lmbuga Commons - Galipedia 20:29, 11 xuño 2006 (UTC)