Cosmódromo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un cosmódromo ou base espacial é un conxunto de instalacións preparadas para o lanzamento, chegada ou asistencia técnica de foguetes ou de naves espaciais. Nos países da antiga URSS estas instalacións eran coñecidas como cosmódromos (do grego κόσμος, kósmos, 'mundo', e δρόμος, drómos, 'pista de carreiras'). Nos países occidentais úsase máis o nome base espacial ou denominacións equivalentes.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |