Costa Rica nos Xogos Olímpicos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Costa Rica participou por primeira vez nos Xogos Olímpicos en 1936, mais perdeu as seguintes catro edicións das Olimpíadas. O país regresou aos Xogos en 1964, e dende entón participou en cada unha das edicións dos Xogos Olímpicos de Verán. Costa Rica tamén participou nalgunhas edicións dos Xogos Olímpicos de Inverno. Os deportistas de Costa Rica gañaron un total de catro medallas, todas elas gañadas por Silvia Poll e Claudia Poll en natación.
Datos rápidos
Costa Rica nos Xogos Olímpicos | |||||
---|---|---|---|---|---|
Código COI | CRC | ||||
Comité nacional | Comité Olímpico de Costa Rica www | ||||
Medalleiro |
|
Pechar
O Comité Olímpico Nacional de Costa Rica foi creado en 1936 e foi recoñecido oficialmente polo Comité Olímpico Internacional ese mesmo ano.