Daltonismo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O daltonismo -denominado así polo físico inglés John Dalton, quen o padecía- é un defecto xenético consistente na imposibilidade de distinguir as cores (discromatopsia). Aínda que ningún daltónico confunde as mesmas cores, é moi frecuente que confundan o verde e o vermello; con todo, poden ver máis matices do violeta que as persoas de visión normal e son capaces de distinguir obxectos camuflados. Tamén hai casos nos que a incidencia da luz pode facer que varíe a cor que ve o daltónico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O defecto xenético é herditario e vai vencellado ao sexo, debido a que se transmite por un alelo recesivo ligado ao cromosoma X, o que produce un notable predominio no home entre a poboación afectada. A muller pode portar a enfermidade en casos non tan comúns coma nos homes, e a transmite aos seus fillos homes. Probablemente, a metade dos seus fillos serán portadores. A transmisión xenética é igual que na hemofilia.