Defensa antiaérea
From Wikipedia, the free encyclopedia
A defensa antiaérea é un dos métodos para derribar aeronaves militares en combate, desde terra ou auga (ou simplemente "superficie", para englobar a ambos). Varias armas e canóns úsanse para isto desde que as primeiras aeronaves militares se usaron na primeira guerra mundial, crecendo en poder e en seguridade cos anos. Despois da segunda guerra mundial comeza a era dos mísiles guiados, especificamente os "mísiles terra-aire", e úsanse en combinación de moitas formas.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Houbo adaptacións de sistemas de artillaría estándares que se usaron como antiaéreos, con pezas estándares sobre chasis, e mellorando a efectividade das armas antiaéreas antes da segunda guerra mundial.
As oxivas dos proxectís úsanse con diferentes tipos de espoletas: explosivos (barométricas, con retardo de tempo), ou de proximidade, para xerar fragmentos de metal na área do branco. Un exemplo clásico dun canón antiaéreo de gran calibre é o canón alemán de 88 mm.
As armas de longo alcance deste tipo son superadas en boa medida polos máis efectivos sistemas de mísiles antiaéreos que foron introducidos na década de 1950; con todo, grazas ao seu relativamente baixo custo de fabricación comparado cos sistemas máis modernos, aínda se utilizan en grandes cantidades nalgúns países.
Para usos de curto alcance, requírese unha arma máis lixeira cunha cadencia de disparo máis alta, para garantir o impacto nun obxectivo rápido. Os canóns automáticos de 20 mm, 37 mm e 40 mm son os máis usados para este fin. A diferenza de armas máis pesadas, estas armas lixeiras empréganse amplamente hoxe en día polas mesmas razóns que foron introducidas: a habilidade de seguimento rápido do obxectivo.
Os sistemas modernos a miúdo utilizan canóns automáticos, que foron previstos orixinalmente para uso aire-terra. Con todo, os últimos avances en mísiles de curto alcance estanse presentando como viables para substituílos neste uso.
Entre os sinónimos para os canóns antiaéreos inclúense AAA ou triplo-A, unha abreviatura para Anti-Aircraft Artillery, "ack-ack" do alemán Acht-Acht, o nome popular do Flak 88, un dos canóns antiaéreos máis famosos, desenvolvido por Krupp en 1917, archie (un termo británico acuñado durante a primeira guerra mundial, crese que derivou de "Archibald, certainly not!", retrouso do cómico de music hall George Robey), flak (do alemán FLiegerAbwehrKanone, canón antiaéreo), DCA, defensa contra avións. O nome de mísil antiaéreo é sinónimo de mísil terra-aire.
A Armada estadounidense usa o termo de guerra antiaérea (AAW); moitos dos grupos navais de combate inclúen a un comandante AAW entre eles. A defensa antiaérea soviética estaba a cargo da Voyska PVO, pero en Rusia foi asignada á forza aérea. O exército dos Estados Unidos xeralmente tivo a posibilidade de contar con superioridade aérea para reducir a ameaza de ataques ás súas unidades terrestres desde o aire. Usan mísiles Stinger (disparados por infantaría ou desde vehículos), por un lado, e mísiles anti-aeronaves/anti-mísiles Patriot, polo outro.