Depresión Central Catalá
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Depresión Central (en catalán: Depressió Central) é unha chaira situada no centro de Cataluña, que ocupa o sur da provincia de Lleida e o centro da de Barcelona. Esténdese entre o Prepireneo e as Cordilleiras Costeiras, abríndose cara a poñente, onde enlaza coa Depresión do Ebro como a súa prolongación oriental.