Desmielinización
From Wikipedia, the free encyclopedia
En bioloxía, a desmielinización é a perda da vaíña de mielina que illa os nervios. As neuronas, células do sistema nervioso, están arrodeadas por unha substancia chamada mielina, que favorece a condución eléctrica. No sistema nervioso central, a mielina fórmase a expensas da membrana plasmática dos oligodendrocitos, mentres que no sistema nervioso periférico depende das células de Schwann. Cando a mielina é destruída, a condución dos sinais eléctricos ao longo dos nervios vese seriamente afectada, e en consecuencia os nervios perden a súa funcionalidade co paso do tempo. A desmielinización comporta ademais unha perda da velocidade de condución do impulso e da resposta, perda de propiedades de condución, consumo enerxético pouco eficiente e desorganización do sistema nervioso.
Estrutura dunha neurona típica |
---|