Dinastía Hetumida
From Wikipedia, the free encyclopedia
A dinastía hetumida ou hethumida, tamén escrito como hetumíes (en armenio: Հեթումյաններ) eran membros dunha familia nobre armenia que se asentou en Cilicia trala conquista de Armenia polos selxúcidas e chegaron a ser unha unha dinastía real armenia.[1]
Dinastía Hetumida | |
---|---|
Tipo | familia nobre |
Data de fundación | 1073 |
Data de disolución | 1372 |
País | Reino Armenio de Cilicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
No terceiro cuarto do século XI, recibiron do emperador bizantino o señorío de Lampron, polo que tamén son coñecidos como a Casa de Lampro ou Lampron, e o título de sebasto. Outras pólas da familia gobernaron os señoríos de Korikos e Barberon.
Cando os príncipes da familia rival rupénida fundaron o principado armenio de Cilicia, os hetumíes foron os líderes da oposición baronal fronte os príncipes e despois fronte os reis. En 1224, coa extinción da familia rupénida, os hetumíes subiron ao trono e gobernaron o Reino Armenio de Cilicia dende 1226 até 1341 en que o trono pasou á Casa de Lusignan. Hetum I, o primeiro dos hetumidas ou hetumíes, chegou ao poder cando casou coa raíña Isabel de Armenia, da dinastía rubénida, que herdara o trono do seu pai, León I de Armenia, co que se xuntaron as dúas dinastías.
A familia extinguiuse definitivamente en 1373.