Disciplina académica
rama do coñecemento asociada cun campo de estudo académico / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha disciplina académica ou campo de estudo é o desenvolvemento do coñecemento sobre un tema específico, pensado ou investigado nunha escola superior, un centro de estudos ou investigacións, unha universidade ou un laboratorio. As disciplinas están en parte definidas e recoñecidas por publicacións científicas ou académicas, onde se expoñen resultados de procesos investigativos, e polos círculos académicos ou científicos aos que pertencen os investigadores.
Os campos de estudo teñen polo xeral numerosas ramas ou subdisciplinas e as liñas que as distinguen adoitan ser difusas, ambiguas e mesmo por veces arbitrarias.