Douglas A-4 Skyhawk
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Douglas A-4 Skyhawk é un avión de ataque a terra con capacidade para operar dende portaavións deseñado para a Mariña e o Corpo de Marines dos Estados Unidos. O aeroplano, con á delta e un só motor, foi desenvolvido e fabricado pola Douglas Aircraft Company e posteriormente por McDonnell Douglas. Foi orixinalmente designado A4D polo sistema de designación de antes de 1962 da mariña estadounidense.
Douglas A-4 Skyhawk | |
---|---|
Tipo | ataque a terra, caza |
Fabricante | Douglas Aircraft Company McDonnell Douglas |
Deseñado por | Ed Heinemann |
Primeiro voo | 22 de xuño de 1954 |
Introducido | outubro de 1956 |
Estado | activo |
Unidades construídas | 2.960 |
O A-4 é un avión compacto e lixeiro, cun peso máximo na engalaxe de 11.100 kg e cunha velocidade máxima de 970 km/h. Os seus cinco puntos de ancoraxe soportan unha variedade de mísiles, bombas e municións e era capaz de lanzar armas nucleares usando un sistema de bombardeo a baixa altitude. Antes da variante A-4E, o avión estaba equipado co motor Wright J65; no A-4E foi substituído polo Pratt & Whitney J52.
Os Skyhawks desempeñaron un papel moi importante na Guerra do Vietnam, a Guerra do Yom Kippur e na Guerra das Malvinas. Cincuenta anos despois do primeiro voo do avión, algúns dos case 3.000 fabricados permanecen en servizo en varias forzas aéreas de todo o mundo.