especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
O té bravo[2], de nome científico Dysphania ambrosioides, clasificada antano co basónimo Chenopodium ambrosioides[3], é unha planta da familia Amaranthaceae orixinaria de América. En Galicia tómase en infusión para tratar as doenzas dixestivas e dáselle tamén ó gando.
Dysphania ambrosioides | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Té bravo. | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Dysphania ambrosioides (L.) Mosyakin & Clemants, 2002 | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Naturalizada nas zonas de clima oceánico e mediterráneo de Europa e nas zonas de clima subtropical dos Estados Unidos de América[4].
Planta anual ou bianual de ata 1 m, con follas oblongo-lanceoladas. Flores verdes discretas dispostas en panícula ramificada no ápice do talo. A especie é orixinaria de América e vive naturalizada en case toda a Península Ibérica como ruderal e nitrófila. A planta ten un cheiro característico.
O nome do xénero deriva do grego disphanis; escuro, en referencia ás flores discretas[5]. O epíteto da especie deriva do grego ambrosia; non mortal, para referirse a algo que está reservado ós deuses.
Pensase que foi introducida en Europa por Francisco Hernández de Toledo, médico de Filipe II, no ano 1577. Menciona Francisco Hernández as súas virtudes medicinais como antihelmíntico (contra os parasitos intestinais) amais como antiespasmódico que lle outorgaban os nativos de Nova España.
Coñécese na lingua náhuatl coma epazōtl (epazote) e nas linguas quechuas coma payqu (paico).
A planta, que ten un arrecendo característico, prepárase en infusión e ten un gusto agradable cando non está demasiado concentrada. O seu uso no tratamento de trastornos dixestivos é bastante antigo e está estendido de xeito especial no oeste da Península Ibérica (Galicia, Estremadura, na parte occidental de Castela e León e no noroeste de Portugal). Dáselle tamén ó gando.
Tamén se utiliza coma axente antihelmíntico, especialmente efectivo fronte ó ascaris, anquilostoma e ós oxiuros, agás fronte ós tricocéfalos e a tenia; como anticatarral (contra o arrefriado), debido ó seu contido en ascaridol. É unha planta estreitamente relacionada coa Dysphania botrys, que se emprega para tratar a tose e probablemente trastornos dixestivos.
Empregado amais como antiespasmódico. Tamén se utiliza no tratamento doutras doenzas, para aliviar os seus síntomas.
Está contraindicado durante o embarazo e en caso de insuficiencia renal. Recoméndase a non prescrición do aceite esencial por vía interna. O aceite esencial pode producir cefaleas, vertixe, tremor de pés e mans, náuseas e vómitos sanguinolentos. En doses elevadas o aceite esencial pode orixinar irritación do parénquima renal e incluso a morte por parálise dos centros respiratorios bulbares.
Dysphania ambrosioides, denominada epazote ou paico nos países hispanoamericanos, é unha planta vivaz aromática que se emprega na gastronomía coma condimento en México e noutros países de Hispanoamérica, amais de planta medicinal.
Ambrina ambrosioides (L.) Spach Ambrina ambrosioides var. anthelmintica (L.) Moldenke Ambrina anthelmintica (L.) Spach Ambrina incisa Moq. Ambrina parvula Phil. Ambrina spathulata Moq. Atriplex ambrosioides (L.) Crantz Atriplex anthelmintica (L.) Crantz Blitum ambrosioides (L.) Beck Botrys ambrosioides (L.) Nieuwl. Botrys anthelmintica (L.) Nieuwl. Chenopodium album subsp. ambrosioides (L.) H.J.Coste & A.Reyn. Chenopodium amboanum (Murr) Aellen Chenopodium ambrosioides L. Chenopodium angustifolium Pav. ex Moq. Chenopodium anthelminticum L. Chenopodium anthelminticum var. glabratum Fenzl Chenopodium anthelminticum var. hastatum Moq. Chenopodium anthelminticum var. subhirsutum Fenzl Chenopodium citriodorum Steud. Chenopodium cuneifolium Vent. ex Moq. |
Chenopodium integrifolium Vorosch. Chenopodium integrifolium subsp. ramosissimum Aellen Chenopodium opulifolium subsp. amboanum Murr Chenopodium querciforme Murr Chenopodium querciforme var. minus Murr Chenopodium sancta-maria Vell. Chenopodium santamaria Vell. Chenopodium spathulatum (Moq.) Sieber ex Moq. Chenopodium spathulatum var. angustifolium Moq. Chenopodium spathulatum var. platyphyllum Moq. Chenopodium suffruticosum Willd. Chenopodium suffruticosum subsp. remotum Vorosch. Chenopodium vagans Standl. Chenopodium variegatum Gouan Dysphania anthelmintica (L.) Mosyakin & Clemants Orthosporum ambrosioides (L.) Kostel. Orthosporum anthelminticum Kostel. Orthosporum suffruticosum Kostel. Roubieva anthelmintica (L.) Hook. & Arn. Teloxys ambrosioides (L.) W.A.Weber Teloxys vagans (Standl.) W.A. Weber Vulvaria ambrosioides (L.) Bubani |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.