Eduardo Souto de Moura
arquitecto portugués / From Wikipedia, the free encyclopedia
Eduardo Souto de Moura (nado no Porto, 25 de xullo de 1952) é un arquitecto portugués cuxo traballo está estreitamente vencellado ao dos tamén portugueses Álvaro Siza e Fernando Távora, quen son os seus mentores.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Nome orixinal | (pt) Eduardo Elísio Machado Souto de Moura |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 de xullo de 1952 (71 anos) Porto, Portugal |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Portugal |
Educación | Universidade do Porto |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto , profesor universitario |
Empregador | Universidade Harvard Universidade de París Escola Politécnica Federal de Lausana |
Membro de | |
Lingua | Lingua portuguesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios |
Pechar
Souto de Moura licenciouse en arquitectura na Escola Superior de Belas Artes do Porto en 1980, onde foi profesor de 1981 a 1991. Foi profesor convidado nas universidades de París-Belville, Harvard, Dublín, Navarra, Zúric e Lausana. Trala colaboración no estudio de Álvaro Siza entre 1974 e 1979, estableceu un despacho profesional de seu no Porto en 1980.