As eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 1995 celebráronse o 28 de maio. A pesar de que Rodríguez Vigil tivo que dimitir en 1993 debido ao escándalo do petromocho, o PSOE rematou a lexislatura. Sergio Marqués, do Partido Popular, sucedeu a Antonio Trevín, que tomara o control do goberno do Principado tras a dimisión do seu compañeiro de partido. Por primeira vez en Asturias non resultou vencedor o PSOE. O CDS, ao igual que no resto de España, veu como perdía a súa representación política na Xunta.
Datos rápidos Data, Tipo ...
Pechar
O 30 de novembro de 1998, Sergio Marqués, xunto con outros 4 deputados populares, abandonaron o Grupo Popular e ingresaron no Grupo Mixto, fundando máis tarde Unión Renovadora Asturiana (URAS). Deste xeito, Sergio Marqués gobernou até o final da lexislatura en minoría, pese a unha moción de censura presentada polo PP para impedilo, que foi rexeitada pola cámara.