Elijah Wood
actor estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Elijah Jordan Wood, nado o 28 de xaneiro de 1981 en Cedar Rapids, Iowa, é un actor, produtor, actor de dobraxe e DJ estadounidense. É coñecido mundialmente polo seu papel como Frodo Bulseiro na triloxía cinematográfica O Señor dos Aneis (2001–2003) e en The Hobbit: An Unexpected Journey (2012).
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Elijah Jordan Wood 28 de xaneiro de 1981 (43 anos) Cedar Rapids, Estados Unidos de América (pt) |
Datos persoais | |
Residencia | Austin |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Laurel Springs School (en) Young Actors Space |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación cinematográfica, Produción de cinema e música |
Ocupación | actor , actor de dobraxe , disc-jóckey , actor de cinema , actor de televisión , produtor de cinema |
Período de actividade | 1989 - |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Parella | Mette-Marie Kongsved |
Fillos | Evan Kongsved-Wood (en) |
Irmáns | Hannah Wood (pt) |
Premios
| |
|
Pechar
Fixo o seu debut no cinema con Regreso ó futuro II (1989). Traballou en numerosos filmes cando era un neno, durante os anos noventa; como por exemplo O bo fillo, Flipper e, posteriormente, The Ice Storm e unha de terror, The Faculty.