Emblema de Afganistán
From Wikipedia, the free encyclopedia
O emblema de Afganistán é un dos símbolos oficiais do país. No presente o emblema oficial é un tema en disputa entre o goberno de facto do Emirato Islámico de Afganistán e o goberno de jure da República Islámica de Afganistán.
Emblema do Emirato Islámico de Afganistán | |
---|---|
Detalles | |
Armiger | Emirato Islámico de Afganistán |
Adoptado | 2021[1][2] |
Escudo | Un mihrab cun minbar dentro, sostendo o Corán e corado por un sol. |
Alicerce | Dúas espadas e dúas gavelas de trigo[3] e un engrenaxe |
Divisa | Árabe e paxto: لا إله إلا الله محمد رسول الله - ١٤١٥,١,١٥هـ ت - د افغانستان اسلامي امارت "Non hai divindade senón Deus, e Mahoma é o seu profeta |
Emblema da República Islámica de Afganistán | |
---|---|
Detalles | |
Armiger | República Islámica de Afganistán |
Adoptado | 2013 |
Escudo | Unha mesquita cun mihrab e un minbar, e a representación da bandeira a cada lado |
Alicerce | Dúas gavelas de trigo |
Na versión de 2013 da República Islámica aparece representada unha mesquita (con dúas bandeiras) co minbar (púlpito ó que se accede por unha escaleira) co seu mihrab (sempre orientado cara a Meca) sobre a que se sitúa o takbir (الله أكبر, «Alá é grande», escrito sempre en árabe), un pequeno sol nacente e a shahada (tamén escrita sempre en árabe). Debaixo aparece o ano 1298 do calendario persa (usado en Afganistán, equivalente a 1919 no calendario gregoriano, data na que se proclamou a independencia) e a palabra افغانستان («Afganistán») nunha cinta que entrelaza a coroa de espigas de trigo.
Nas numerosas bandeiras usadas por este país sempre apareceu o emblema (agás baixo os talibáns).